Se queres unirte a isto dos blogs creando o teu propio, e non tes moita idea de como comezar, recoméndoche que accedas a Apuntes sobre blogs, onde poderás obter información moi ben ordenada e pormenorizada dos pasos a realizar para crear o teu propio blog, e de como evolucionalo e mantelo.E grazas ós trucos que se nos achegan poderemos conseguir un blog chamativo e interesante para eses posibles lectores. Ademais este blog posúe un espazo no cal podemos comentar a nosa opinión sobre o contido do mesmo ou resolver as dúbidas que nos poden surxir a medida que creamos o noso blog.
Ademáis para que poidades mellorar o voso blog tamén vos recomendo os seguintes videos que nos proporcionan trucos moi interesantes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario