Que son iGoogle e Art Project?
iGoogle: é unha páxina personalizable que inclúe un cadro de búsqueda de Google na parte superior e tódolos gadgets que queiras na parte inferior.Os gadgets poden adoptar unha gran cantidade de formas e permiten acceder a actividades e a información de toda a Web, polo que non teremos que saír da páxina de Google para ver as nosas mensaxes de Gmail, consultar previsións meteorolóxicas, titulares de Google Noticias, crear un acceso rápido os nosos sitios preferidos...
Art Project: é unha páxina de Google que nos permite visitar unha gran cantidade de museos de maneira dixital desprazandonos polos seus corredores e ampliando e reducindo a imaxe de maneira que nos permite captar e visualizar con detalle tódolos recunchos do museo que queiramos visitar. Con esta aplicación podemos visitar museos de todo o mundo sen movernos da casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario