jueves, 17 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é un día sinalado no calendario de todo galego, hoxe é o día en que celebramos que temos unha lingua na que poder expresarnos, unha lingua propia que reflexa todos os nosos sentimentos, toda a nosa historia. Como galegos temos a obriga de defender e empregar a nosa lingua nai, pero sobretodo temos a obriga de ensinárllela ós máis pequenos para que cando lles pregunten que día é hoxe saiban responder que hoxe, é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Vén o ar ateigado de palabras,
cada mañá chamando aos nosos vidros,
para por a xermolar son e semente.
As palabras decote están falando
e somos nós os xordos á mensaxe
que no seo das sílabas carrexan.
               



                                
 As palabras. Valentín Paz Andrade

No hay comentarios:

Publicar un comentario